Termos e condicións

Última actualización: 13/10/2025

Por favor, lea con atención estes Termos e Condicións antes de utilizar este sitio web. Ao acceder ou usar o sitio, aceptas quedar vinculado a estes Termos. Se non estás de acordo con algunha parte dos Termos, non deberías usar o sitio.

1. Obxecto

Os presentes Termos e Condicións regulan o uso do sitio web Tardepiache (en diante, “o Sitio”) e todos os servizos, contidos, funcións, produtos ou ferramentas dispoñibles nel (en conxunto, “os Servizos”), incluíndo as doazóns a través de GiveWP, a compra de produtos físicos como camisetas, e o proceso de asociación.

2. Condicións de acceso e uso

  1. Uso lícito. O usuario comprométese a facer un uso adecuado, responsable e conforme á lei dos Servizos ofrecidos.
  2. Limitacións. Non se permite o uso do Sitio para actividades ilícitas, fraudulentas, difamatorias, ofensivas ou que poidan causar prexuízos a terceiros ou ao propio Sitio.
  3. Modificacións. O titular resérvase o dereito de modificar, suspender ou eliminar calquera parte dos Servizos, de forma temporal ou definitiva, sen previo aviso e sen dereito a indemnización.

3. Propiedade intelectual

  1. Todos os contidos (textos, imaxes, logos, deseño, gráficos, distribución, etc.) dispoñibles no Sitio están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e son titularidade do titular do Sitio ou de terceiros que lle concederon os correspondentes permisos.
  2. Queda estritamente prohibida a copia, reprodución, transformación, distribución, comunicación pública ou calquera outro uso dos contidos sen autorización expresa, por escrita, do titular do Sitio ou dos seus titulares.
  3. O usuario poderá empregar os contidos de forma privada e non comercial, sempre que conserve os avisos de propiedade intelectual e non proceda a alteración algunha.

4. Responsabilidades

  1. O titular do Sitio exponse a empregar os máximos esforzos razoables para garantir o funcionamento continuado e afectado do Sitio, pero non garante en ningún caso que o acceso sexa ininterrompido ou libre de erros.
  2. Non será responsable por danos ou perdas derivados de interrupcións, erros, fallos técnicos, atrasos ou a imposibilidade de usar os Servizos.
  3. Tampouco responderá por contidos de terceiros nin polos enlaces externos (links) que poida haber no Sitio, nin pola veracidade, legalidade ou contido dos sitios enlazados.

5. Política de protección de datos e privacidade

  1. Recollida de datos. Ao usar o Sitio, poderá recollerse información persoal do usuario (nome, correo, etc.). A recollida e tratamento destes datos realizarase de conformidade coa normativa vixente de protección de datos (por exemplo, o Regulamento (UE) 2016/679 – RGPD, e a normativa nacional correspondente).
  2. Finalidade. Os datos recollidos poderán usarse para proporcionar servizos, atender consultas, enviar comunicacións, mellorar o Sitio ou cumprir obrigas legais.
  3. Consentimento. O usuario deberá consentir expresamente o tratamento dos seus datos, salvo nas excepcións previstas por lei.
  4. Dereitos. O usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, portabilidade e oposición, así como o dereito a retiraren o consentimento. Para isto, o usuario deberá dirixirse ao responsábel do tratamento (piachetarde@gmail.com).
  5. Seguridade. O titular do Sitio adoptará as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración ou acceso non autorizado.

6. Servizos de pagamento, doazóns, compras e asociacións

O Sitio ofrece varias opcións de apoio e participación económica:

6.1 Doazóns

  • As doazóns realízanse a través da plataforma GiveWP, integrada no Sitio.
  • As doazóns poden facerse de maneira puntual.
  • As doazóns non son reembolsables, salvo erro técnico debidamente acreditado (por exemplo, duplicidade de pagamento).
  • O usuario recibirá unha confirmación do pagamento por correo electrónico.

6.2 Compra de camisetas

  • O Sitio poderá recoller pedidos de camisetas mediante un formulario de compra.
  • O pagamento poderá realizarse de tres xeitos:
    1. En persoa, no momento da entrega,
    2. Por transferencia bancaria,
    3. ou con tarxeta bancaria, cando se ofreza esta opción presencialmente.
  • As camisetas poderán devolverse unicamente se presentan defectos de fabricación ou erro na talla por parte do Sitio.
  • O prazo para solicitar devolución é de 14 días naturais desde a recepción do produto.

6.3 Asociación de usuarios

  • O usuario pode facerse socio/a de Tarde piache, o que implica unha contribución económica periódica (voluntaria). con prezos anuais de 25€ (cuota individual) ou 50€ (cuota familiar).
  • O pagamento poderá realizarse:
    1. Por transferencia bancaria periódica,
    2. a través de domiciliación bancaria,
    3. Ou en man, mediante efectivo ou tarxeta.
  • O asociado poderá cancelar ou modificar a súa contribución en calquera momento, notificándoo por correo electrónico ou de forma presencial.
  • En caso de pagamento domiciliado, a cancelación debe comunicarse cun mínimo de 7 días naturais antes da seguinte data de cobro.

6.4 Tarifas, impostos e cargos adicionais

  • Todos os prezos e importes mostrados inclúen os impostos aplicables, salvo indicación expresa do contrario.
  • Non se aplicarán cargos adicionais non informados previamente ao usuario.

7. Modificacións dos Termos

O titular do Sitio resérvase o dereito de modificar estes Termos e Condicións a través dunha comunicación visible no Sitio. As modificacións entrarán en vigor desde o momento da súa publicación. O uso continuado do Sitio por parte do usuario tras dita modificación implicará a aceptación das novas condicións.

8. Duración e extinción

Estes Termos permanecen vixentes mentres estea dispoñible o Sitio e/ou os Servizos. Poderán extinguirse por decisión do titular ou por incumprimento grave dos Termos por parte do usuario.

9. Legislación aplicable e xurisdición

Estes Termos réxense pola normativa vixente en españa. Para calquera disputa ou conflito que xurda do uso do Sitio ou interpretación destes Termos, As partes sométense expresamente aos xulgados e tribunais do partido xudicial de Ferrol, salvo que a lei estableza outro foro imperativo.