Axúdanos

En Tarde Piache cremos que a cultura se constrúe entre todas as persoas. Podes participar do noso proxecto de moitas maneiras:

  • facéndote socia/o,
  • colaborando cunha doazón,
  • mercando a nosa camiseta,
  • ou participando nos obradoiros e actividades, que organizamos ao longo do ano.

Cada pequena achega conta e permítenos seguir creando, compartindo e espallando cultura na nosa comunidade.

Opción 1: asóciate. Custo individual: 25€/ano. Custo para familias: 50€/ano. Tarde Piache: cultura con mensaxe, contido sen filtros, festa cando cadra e dende Cabanas.
Opción 2: Colabora. Con doazóns ou mercando a camiseta. Tarde Piache: cultura con mensaxe, contido sen filtros, festa cando cadra e dende Cabanas.
Opción 3: participa. Nos obradoiros ou actividades. Tarde Piache: cultura con mensaxe, contido sen filtros, festa cando cadra e dende Cabanas.

Tes dispoñible o calendario de actividades para saber cando e onde se levarán a cabo, e poder axendalas directamente a través de Google Calendar. Ademáis, na nosa páxina principal imos actualizando o contido sobre todos os eventos con asiduidade. Queremos que podas ver os programas das distintas experiencias, facer a inscripción nos obradoiros que che interesen, reservar unha butaca de visualización VIP nas proxeccións de cinema, e moito máis.