En Tarde Piache ofrecémosche un espazo creativo onde aprender, experimentar e compartir. Organizamos obradoiros e cursos para todas as idades, pensados para espertar a curiosidade e fomentar o pensamento crítico, a arte e a diversión. Consulta o noso calendario e apúntate ás sesións que máis che interesen.
pOLO momento, os obradoiros que imos ofertar son:
🎥 Creación de Documental
CURSO NO QUE SE Aprende a contar historias reais a través do audiovisual. Dende a idea inicial ata a gravación e montaxe, descubrirás as ferramentas básicas para crear o teu propio documental.
Trataremos guión, cámara, son e edición, con acompañamento práctico en cada paso.
💡 Ideal para mozos/as, colectivos ou persoas interesadas en comunicación e cultura.
🎧 Creación de vídeoPodcast
CURSO NO CAL SE Aprende a producir o teu propio programa de podcast: idea, guión, gravación, edición e publicación.
Un curso perfecto para quen queira comunicar, entrevistar ou crear contido sonoro desde cero.
💡 Ideal para grupos, creadores e persoas con interese na comunicación e o son.
📸 Iniciación á Fotografía para Familias e Nenos/as
Un CURSO CURTO, divertido e participativo para aprender a mirar con outros ollos.
Exploraremos a luz, a composición e a creatividade a través de xogos e actividades familiares.
💡 Ideal para familias que queiran compartir tempo xuntas e descubrir a fotografía como ferramenta de expresión.
📷 Fotografía Dixital para Adultos
CURSO NO QUE SE Afonda no uso da cámara e das técnicas fotográficas para mellorar as túas imaxes. Traballaremos con diferentes estilos (retratos, paisaxe, fotografía urbana…) e faremos saídas prácticas.
💡 Ideal para persoas adultas que queiran dominar a fotografía con cámara dixital.
🔬 Ciencias
oBRADOIROS QUE CONVIRTEN O espazo NUN LUGAR para experimentar, observar e xogar coa ciencia.
A través de experimentos sinxelos e actividades prácticas, descubriremos o funcionamento do mundo que nos rodea: a auga, o aire, a enerxía, a natureza e moito máis.
💡 Ideal para nenos/as e familias curiosas que queiran aprender facendo.
🧘♀️ Ioga e Mindfulness para Nenos 🌈
Axuda aos máis pequenos a atopar a calma, a concentración e a alegría de vivir o momento presente a través deste obradoiro.
O noso obradoiro de ioga e mindfulness para nenos está deseñado para fomentar o benestar físico e emocional a través do xogo, o movemento e a atención plena. A través de posturas de ioga adaptadas, exercicios de respiración, contos conscientes e dinámicas creativas, os nenos e nenas aprenderán a coñecerse mellor, xestionar as súas emocións e fortalecer a súa autoestima.
🌟 Beneficios do ioga e mindfulness infantil:
- Promove unha actitude positiva e consciente.
- Mellora a concentración e a memoria.
- Favorece o descanso e a calma interior.
- Axuda a xestionar o estrés e a frustración.
- Potencia a confianza, empatía e colaboración.
🌸 arte Floral e flor seca
Descubre a beleza da arte floral artesanal da man de Ángela Garrote. Neste obradoiro aprenderás a crear composicións únicas con flores secas, combinando cores, texturas e formas para dar vida a pezas decorativas cheas de personalidade.
Durante a sesión coñecerás as técnicas básicas de conservación, composición e montaxe, e realizarás a túa propia creación floral para levar contigo.
Todo o material está incluído e non é necesario ter experiencia previa, só ganas de gozar da natureza e da creatividade.
💐 Levaraste unha obra floral feita por ti!
🏺 Cerámica para nenos e nenas
Descubre o pracer de modelar coas túas mans nun divertido obradoiro de cerámica pensado especialmente para pequenos creadores. Da man de Mai Estudio Cerámica, aprenderán as técnicas básicas para dar forma ao barro e crear pezas únicas: figuras, tazas, animais ou pequenas esculturas cheas de cor e imaxinación.
Non é preciso ter experiencia previa — só ganas de probar, experimentar e deixar voar a creatividade mentres se diverten e gozan dun proceso artístico e relaxante.
💡 Ideal para nenos e nenas curiosos, creativos e con ganas de aprender xogando coa arte.
🎩 SOMBRERERÍA
Descubre o mundo da sombrerería artesanal da man de Julia Vilariño. No seu obradoiro aprenderás todo o proceso de creación dun sombreiro: desde a elección do fieltro de la natural ata o moldeado, corte e acabado final.
Durante 4 horas, mergullaraste nun oficio tradicional, coñecerás as ferramentas e técnicas básicas, e crearás o teu propio sombreiro personalizado.
Inclúe todos os materiais, ferramentas e un pequeno picoteo (180€). As prazas son limitadas (só 6 por obradoiro), para garantir unha experiencia única e próxima.
👒 Levaraste posto un sombreiro feito por ti!
🗓️ Calendario e Inscricións
Consulta as datas dispoñibles no noso calendario de actividades.
As prazas son limitadas, polo que recomendamos reservar con antelación.
a inscrición realízase a través de correo electrónico.
📍 Onde estamos
Os obradoiros impártense na escola laica (excepto saídas en obradoiros concretos) nas instalacións que o concello cede a Tarde Piache, un lugar acolledor e cheo de vida.
📍 Avda. Laraxe, s/n, 15621 Cabanas, A Coruña
📧 piachetarde@gmail.com
💬 Preguntas frecuentes
¿Hai que levar material?
depende do obradoiro, a información de cada unha delas estará detallada no calendario de actividades. Ademáis, serás informado/a ao inicio tras realizar a inscrición, como recordatorio, se é necesario levar algo máis que as ganas.
¿Hai descontos para familias ou grupos?
hai descontos para socios/as da asociación cultural grazas ao pago da cuota anual. Podes asociarte cubrindo o formulario.
¿Hai obradoiros para nenos/as e para adultos?
Si, temos actividades adaptadas a cada idade e interese. Consulta o calendario para ver as opcións.
En Tarde Piache queremos que aprendas gozando e crees compartindo. ❤️
👉 Descubre os nosos obradoiros e cursos, e vive unha experiencia diferente!









