CABANAS TEN CINEMA E NÓS QUEREMOS DARLLE VIDA. porque No noso espazo cultural apostamos polo cinema como ferramenta de encontro e reflexión. A través dos nosos ciclos e pases de cinema, ofrecémosche unha ampla programación de filmes, que van dende os grandes clásicos ata as propostas máis actuais do cinema galego, europeo e internacional.
Cada ciclo está pensado para achegar o cine a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil, familiar e adulto. Ademais, moitas proxeccións inclúen coloquios con especialistas, presentacións de directores/as e actividades paralelas para ampliar a experiencia cinematográfica.
As sesións realízanse en versión orixinal subtitulada e en versión dobrada, segundo a película e o interese do público, sempre co obxectivo de fomentar a diversidade cultural e lingüística.

programación actual do cinema
- 🎞️ CineMA ANTIGO: unha ollada AOS FILMES QUE FIXERON HISTORIA.
- 🧒 Cinema para toda a familia: películas educativas e divertidas para desfrutar XUNTO Á RAPAZADA.
- 🌍 Miradas do mundo: FICCIÓN E DOCUMENTAL, QUE ACHEGA A DISTINTAS CULTURAS E APORTA VALOR.
- 🎬 Especial Cinema Galego: producións feitas aquí, en lingua galega, con coloquios e encontros.
📅 Consulta A AXENDA DE ACTIVIDADES completA dOS pases nO nosO CALENDARIO.
📍 As proxeccións teñen lugar nA ESCOLA LAICA.
premio das rifas en colaboración co cinema comunitario do eume
o número premiado seguindo as últimas cifras do primeiro premio da lotería do neno é o 0703. a persoa gañadora ten un mes a partir do 7 de xaneiro para poñerse en contacto a través do correo electrónico piachetarde@gmail.com para reclamar o seu premio.
moitas grazas a quenes participastes!!
O QUE QUEREMOS LOGRAR?
A idea: 🎬 Cinema aberto. Cada fotograma conta
Queremos levantar o Cinema Comunitario do Eume, un espazo participativo para ver, falar e facer cine xuntas: Teremos pelis coñecidas, documentais, clásicos e unha lanzadeira para novas creadoras e creadores da comarca.
Todo o proxecto é horizontal e aberto: calquera pode participar na escolla de filmes e na xestión do cinema.
Cada mes → unha sesión golfa (00:01h) + unha sesión infantil (despois das 16:00h) + un ciclo de filmes (aprox. das 19:00h en diante).
E ademais:
- 🎥 Lanzadeira para novos creadores e creadoras galegas
- 🕯️ Cine clásico e documental libre de dereitos
- 🗣️ Asambleas abertas para decidir a programación
💰 Podes colaborar con 1 €, 5 €, 10 € ou tempo:
nas huchas dos locais, NA PROPIA WEB, ou ofrecendo apoio técnico ou ideas.
📍 Escola Laica de Cabanas · Comarca do Eume
📧 piachetarde@gmail.com | 🌐 tardepiache.gal | 📱 @tardepiache_cabanas
❤️ Se o soñamos xuntas, proxectámolo.
