Se che gustan as pezas únicas, o feito a man e a artesanía con carácter, este obradoiro é para ti. O vindeiro 24 de xaneiro, de 16:00 a 20:00 horas, a artesá Julia Vilariño impartirá un Obradoiro de Sombrerería Artesanal no que cada participante poderá crear o seu propio sombreiro de fieltro, totalmente personalizado (cor do fieltro a elección dos participantes) e con acabado profesional.

Que imos facer?
Durante catro horas aprenderás, paso a paso, as técnicas básicas da sombrerería tradicional, guiado pola experiencia e bo facer de Julia Vilariño. Ao longo do obradoiro:
- na primeira parte do taller a profesional introducirá aos participantes na sombrerería aprendendo:
- diferentes materiais e procesos
- as ferramentas básicas do oficio e como usalas
- tipos de sombreiros e os seus usos
- na parte práctica FARASE o sombreiro:
- moldearase a copa
- escollerase, cortarase e moldearase o ala
- colocarase a cinta de medida da talla
- adornarase ao gusto e daráselle o acabado final
- Levarás para casa unha peza única, feita por ti, lista para lucir ou regalar.
Este OBRADOIRO é perfecto tanto para persoas con interese pola artesanía como para quen queira probar algo novo e creativo nun ambiente próximo e agradable.
Prezo e materiais
💶 Prezo por persoa: 150 €
pago: metade ao anotarse e outra metade o día do curso ou todo no momento da inscrición.
✔️ Inclúe todos os materiais.
🎁 Cada participante leva o seu sombreiro rematado.
Inscricións e prazas
- Prazas limitadas: mínimo 4 persoas para realizarse e máximo 6.
- Prazo de inscrición: ata o 14 de xaneiro.
- As prazas cubriranse por orde de inscrición.
Se tes interese, non o deixes para última hora: grupos tan pequenos aseguran unha atención personalizada, pero o aforo se complétase máis rápido.
INCRICIÓNS NO FORMULARIO QUE SEGUE, EN PIACHETARDE@GMAIL.COM OU NÚMERO 687 685 984.
Para quen é este obradoiro?
- Amantes da artesanía e do deseño.
- Persoas que buscan unha experiencia creativa diferente.
- Quen queira aprender un oficio tradicional con resultados visibles ao momento.
- Xente que queira desconectar e desfrutar do pracer de crear coas mans.
