Obradoiro infantil e familiar de cerámica: adornos de Nadal 🎄

O sábado 15 de novembro, de 11:30 a 13:30, na Escola Laica de Cabanas, terá lugar un novo obradoiro de cerámica infantil e familiar no que poderás crear e decorar os teus propios adornos de Nadal.

Da man de Mai Estudio Cerámica, pasaremos unha mañá creativa e divertida en familia, descubrindo as posibilidades da cerámica mentres preparamos a chegada do Nadal.

💰 Prezos

  • Socios/as: 40 €
  • Non socios/as: 60 €
  • Nenos/as maiores de 12 anos: 20 €
  • Segundo fillo/a: 10 €

(Os menores de 12 anos deben vir acompañados por un adulto ou irmán maior.)

Todos os prezos inclúen materiais e a cocción das pezas.

Obradoiro de cerámica de adornos de Nadal

📍 Lugar

Escola Laica
Avda. Laraxe, s/n — 15621 Cabanas

📝 Inscricións

Podes apuntarte cubrindo o formulario ou no teléfono 637 93 96 71.

Nome da persoa de contacto
Método de pago
Termos e Privacidade